top of page

 

Luis Luna

(Madrid, 1975) Licenciado en Filoloxía Hispánica e DEA nesta mesma especialidade pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente ultima a súa tese en Filoloxía Románica pola UNED. Profesor da Escola de Escritores de Madrid e TAR da UNED, onde dirixe un clube de lectura. Editor da colección de poesía "Fragmentaria" da editorial Amargord. Pertence ao Consello de Redacción da revista Heterogénea. Coordina eventos poéticos para o Ministerio de Cultura e outras entidades. Poeta e artista visual. Publicou os siguientes libros de poesía: Cuaderno del Guardabosque (Amargord  2008) Al Rihla (Amargord 2009), Territorio en penumbra (Gens 2009) e Almendra, libro-disco en colaboración con Lourdes de Abajo, con grabados de Juan Carlos Mestre e palabras preliminares de Antonio Gamoneda (Amargord 2011). En galego publicou, entre outros, os poemarios Hidroemas (ACEF 2000) e Ignicións (ACEF 2002) en colaboración con Óscar Curieses; editou, xunto con Xavier Frías, a obra colectiva Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Amargord 2012). Os seus textos foron traducidos a distintas linguas. Foi portada da "International Poetry Review" e colabora con prestixiosas revistas especializadas. Ten participado en diferentes encontros de poesía nacionais e internacionais. A súa obra aparece recollida en numerosas antoloxías. 

bottom of page