
O 17 de maio foi a data escollida pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas, no que se conmemora a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (1863). Este ano decidiuse adicar o día das Letras Galegas ao autor, director e actor de teatro Roberto Vidal Bolaño. Un artista escénico global cuxa fecunda obra e traxectoria profesional motiva a celebración dos diferentes coloquios, obradoiros de teatro e proxeccións audiovisuais deste Seminario Interuniversitario. Para alén disto, as Xornadas de Letras Galegas 2013 ofrécennos a posibilidade de coñecer e poñer en valor as diferentes iniciativas, proxectos, agrupacións, espazos, autores e obras que desde dentro e fóra da Galiza velan pola investigación, a formación e a difusión da lingua e literatura galegas.
Coloquio con Xavier Frías (UCM)
Coloquio con Lois Diéguez (CAUM)
Coloquio con Roberto Pascual
Obradoiro de teatro con Marta González
Coloquio-recital do Grupo Bilbao
(lírica e micronarrativa)
Coloquio con Xosé Manuel Fernández
Proxección documental
Presentación de "Tangatutanga Teatro"
Recital poético-musical galego





1 CRÉDITO ECTS (ALUMNOS UCM)
