(Valdoviño, 1976) É autora de diversas obras premiadas e publicou, entre outras, en poesía e narrativa breve as seguintes: Mañá, se cadra non será un día máis (VII Concurso de relatos breves Repsol de 1994), Había tantos homes lilas (I Premio de poesía Francisco Fernández del Riego do IV Certame de 1996), Deshabitada e sen verdugo (I Premio de poesía Francisco Fernández del Riego do V Certame de 1997), Desterrada do meu corpo (Accésit I Premio de Poesía Letras de Cal de 2001 e Premio do Concurso de Poesía Jove de Alzira de 2000), Cara a un solpor de gatos (III Edición do Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón 2004); en ensaio destacan: X. M. Tomé. Antoloxía artística, Breves notas sobre a historia da arte aplicadas á intervención sociocomunitaria, A intervención didáctica nos DEAC e I Encontro Internacional de Arte e Natureza. Conta con colaboracións en diversas obras colectivas: O ladrón de almas (Mención de honra no certame de poesía GZcrea 2006 recollido en Isto é un poema e hai xente detrás), En defensa do Poleiro. A voz de escritores galegos en Celanova, Somni de paper, Catro Contos, Sempre Mar, A cidade na poesía galega do século XXI; Letras Novas, Vivir un soño repetido, Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, alén de participar en numerosas publicacións periódicas como Madrygal, Dorna, Ólisbos, A festa da palabra silenciada, Arraianos, e en multitude de recitais, conferencias, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. Ademais forma parte activa dos colectivos A porta verde do sétimo andar e do Grupo Bilbao de Madrid. A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de cal na producción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiriño.
Verónica Martínez