Lastura, proxecto editorial asociativo dedicado á difusión cultural multilingüe de literatura infanto-xuvenil, poesía e micronarrativa, presenta o vindeiro 17 de maio o relanzamento, despois de máis dunha década, da colección literaria Cadernos do Roibén, cos poemarios de Beatriz Hernanz (A peregrina do vento), Verónica Martínez (Cartapedra), Pilar Mera (As mares do alén) e Mila Villanueva (A la lluna de València | A la luna de Valencia | Á lúa de Valencia).
Cadernos do Roibén
Catro poetas distintas. As catro delas son galegas. Unha reside en Galiza, outra en Valencia e dúas en Madrid. Dúas escriben sempre en galego, unha faino tamén en valenciano e outra escribe predominantemente en español. Porén, aquí están as catro nesta oferta de luxo con que relanzamos O Roibén 11 anos despois, na súa segunda época co selo editorial de Lastura.
http://lastura.blogspot.com.es/