top of page

 

(Vilalba, Lugo, 1979). É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Forma parte do Grupo Bilbao e codirixiu a colección O Roibén xunto con Xavier Frías, función que segue a desenvolver hoxe dentro do proxecto Lastura. Publicou tres libros de poemas Onte chovía (2000), Lembrazas e olvidos dun extraño (2001) e Da Chá ao lonxe (2011); así como colaboracións esporádicas en revistas como Madrygal ou Xistral, e diversas participacións en antoloxías poéticas como Bilbao, mostra de poetas galegos en Madrid (2012). Poética: "Ler e escribir poesía é unha forma de vivir, de procurala felicidade. Permite revivir o pasado tal como foi ou como gostaríamos que fose. A poesía é unha forma de dicir todo o que queremos que se saiba: aquilo que doe, o que está mal, pero tamén aquilo do que gostamos e debería repetirse. A poesía é unha conciencia colectiva" (do blogue As escollas electivas).

Rafa Yáñez

bottom of page