top of page

 

(Vigo, 1978) Licenciada en Ciencias Políticas (Orientación Estudos Internacionais) e Ciencias da Información (Xornalismo) na Universidade de Santiago de Compostela. Na mesma universidade cursou estudos de doutoramento no programa “Estudos Contemporáneos”, no departamento de Historia Contemporánea e de América. É investigadora no departamento de "Historia del Pensamiento y los Movimientos Sociales y Políticos" da Universidade Complutense de Madrid, onde desfrutou dunha bolsa do programa de Formación de Profesorado Universitario para a realización da súa tese, Monárquico, republicano, liberal. Biografía política de Manuel Portela Valladares. Segunda República, guerra civil e franquismo, violencia e control político, represión, eleccións e sistema electoral, masonería e sociabilidade política... son as súas principais liñas de investigación, cunha especial atención ao acontecido en Galicia. É autora de diversos artigos e contribucións a congresos sobre estes temas. Está vencellada ao Grupo Bilbao, formado por poetas e escritores de expresión galega en Madrid, e ao colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar, cos que participou en publicacións como o libro de microrrelatos E Madrid foi unha praia de baleas entre néboas ou o poemario Pegadas, número 2 dos Cadernos Q de Vian.  Realizou labores de redacción, edición e locución en emisoras de radio de carácter local e/ou alternativo, traballa en programas de educación de rúa e  participa en proxectos de educación sociocultural con meniños e adolescentes.

Pilar Mera

bottom of page