top of page

 

Mila Villanueva

Mila Villanueva nace en Vigo (Pontevedra), lugar onde trascorren a súa infancia e adolescencia, e xa na madurez se traslada a vivir xunto ao mediterráneo. Estudante das filosofías orientais e practicante da meditación zen, escribe haikus desde hai varios anos. Publicou oos libros de haikus: Na Distancia (galego-castelán) e La Luz de Agosto (castelán-portugués). Coordinou a antoloxía PoeMARio, de máis de corenta poetas de todas as partes do mundo con poemas dedicados ao mar. Con Cándido Solaz é coautora da Exposición de poesía visual "Dinámica de Fluídos". Participou tamén nas Antoloxías: Brisa de Mar, Poemas desde la otra orilla , Lorca 11 e Latidos contra la violencia de género. É fundadora e Presidenta da Asociación de artistas e escritores "Concilyarte".

bottom of page