top of page

 

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Autonómico Fin de Carreira 2005, beneficiaria da V edición de Becas Líder 2006 da Fundación Carolina e Grupo Santander) e Máster Universitario en Xestión e Liderado de Proxectos Culturais pola Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Dilatada formación en interpretación audiovisual e emprego da voz para profesionais do teatro e locutores. Gran experiencia en danza e artes escénicas como actriz (teatro, televisión e cine), coreógrafa (teatro e danza) e docente (cursos de teatro e interpretación). É salientábel a súa traxectoria en interpretación e teatro: entre 1996 e 2000 iníciase da man de Roberto Leal, actor e director de teatro; desde 2000 até a actualidade forma parte do grupo Tangatutanga Teatro, co que consegue numerosos premios e mencións: coa obra Aberto por folga obteñen o Premio ao mellor espectáculo e dirección teatral (USC 2009), 1o Premio na modalidade de Teatro do certame autonómico Galiza Crea (2009), Premio do público ao mellor espectáculo no Festival de Teatro Afeccionado de Sada (2010), Premio ao mellor espectáculo na II Mostra de Teatro Afeccionado de Betanzos (2011), Premio ao mellor espectáculo musical no 10º Aniversario de Teatrofilia 2012 (Festival de Teatro de Vedra, Galiza); finalistas coa obra O abano de Lady Windermere no certame autonómico Galiza Crea (2008), etc. Experiencia en artes plásticas, xestión cultural e fotografía (entre outras mencións de honor, obtivo o 3º premio autonómico galego no certame Xuventude Crea 2010 e o 3er premio no I Certamen Ruth Matilda Anderson organizado pola USC en 2009).

Marta González Suárez

bottom of page