top of page

 

Lois Diéguez (Monforte de Lemos,1944). Estudos de bacharelato na súa cidade natal e de Enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerceu no Concello de Lugo durante 37 anos. Foi deputado polo BNPG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego. Ten un amplo campo de traballo como colaborador de xornais e revistas (El Progreso, A Nosa Terra, Terra e Tempo…), na Radio (Galicia Sempre), como compoñente do grupo poético Círculos Líticos en realización de espectáculos culturais, ou como presidente de Lugo Patrimonio na defensa do noso Patrimonio material e inmaterial. Activo conferenciante tanto no noso país como fóra del e inquedo viaxeiro por países de África, Europa e Asia. Actualmente é membro da Permanente do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Da súa ampla obra literaria destácase, en narrativa, A canción do vagamundo (1986), Monólogos do espello (1993), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (1999), A casa de Galiaz (2003), O canto do Muecín (2007) ou a súa última novela, A poutada do Oso (2011).  En poesía destacamos Albre de espranza (1966), O ferro dos días  (1982) ou Ónfalos (2001). Premios literarios en poesía: Colexio Minerva de Compostela,  Xogos florais de Monforte; en novela: Casa de Galicia de Bilbao (1975) por Galou z-28, ou o Blanco Amor de 1986 por A Canción do Vagamundo. En 2009 obtivo o premio Cunca das Artes, da Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) no apartado das Letras.

Lois Diéguez

bottom of page