top of page

 

(Pontevedra, 1963). Poeta, tradutora e crítica literaria galega. Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, ten traballado no ámbito da docencia e da crítica literaria, así como en postos administrativos de entidades como a Fundación Carolina. Como crítica, ten colaborado nos xornais ABC, El Mundo e El País, e nas revistas Turia, Cuadernos del matemático ou Barcarola, entre outras. Como tradutora, ten vertido para o castelán pezas soltas de poetas como Eugenio Montale, Edward Estlin Cummings ou Wisława Szymborska. Como poeta destacan, entre outras, as seguintes obras: La lealtad del espejo (Ayto. Albacete 1993, Premio Barcarola de poesía 1993), La vigilia del tiempo (Rialp 1996, Accésit do Premio Adonais 1996), La epopeya del laberinto (Calima 2001), La piel de las palabras (Calima 2005).

Beatriz Hernanz

bottom of page