Xavier Frías Conde é doutor en filolocía románica pola UCM. Profesor da Západočeská Univerzita de Pilsen (Chequia, 2005-07). Traballa de profesor da área de galego-portugués na UNED. Fala máis de dez idiomas. Especialista en lingüística iberorrománica en campos diversos (sintaxe, dialectoloxía e estandarización). Ten unha ampla obra relativa ás linguas iberorrománicas así como ao sardo. É membro do consello de redacción da Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca da UNED e codirector da revista Ianua de Filoloxía Románica editada por Romania Minor. E, ademais, é literato: escribe a maioría dos seus textos en galego (o galego é a súa lingua familiar materna, por ser orixinaria da rexión Eo-Navia en Asturias de lingua galega), aínda que publicou tamén en castelán, asturiano, catalán, sardo, inglés, portugués, etc
Xavier Frías Conde