top of page

 

O vindeiro 14 de maio, na inauguración do Seminario Interuniversitario "Letras Galegas 2013 en Madrid", presentaremos dúas mostras da difusión da lingua e da literatura galegas desde Madrid a cargo do escritor e docente Xavier Frías Conde. En primeiro lugar, faremos o lanzamento do seu Compendio de Gramática Galega (2013), co que se inaugura a Biblioteca Niké de Urco Editora. Trátase dun manual ideal para un primeiro achegamento ao galego e como libro de consulta rápida para resolver dúbidas comúns, moi recomendábel como recurso didáctico para estudantes. Con esta obra o lector accede dun xeito moi doado, grazas á súa escrita clara, directa e sinxela, aos contidos e trazos máis salientábeis e básicos da  nosa lingua, ao tempo que coñece igualmente outras características lingüísticas que adoitan ser obviadas noutras obras semellantes.

En segundo lugar, como mostra da difusión da literatura na rede, presentaremos o blogue de literatura infantil e xuvenil galego-portuguesa O reino dos contos (http://www.oreinodoscontos.com/) e o blogue de microficción Microstórias (http://eonaviego.blogspot.com.es/), creados ambos os dous por Xavier Frías Conde.



Presentación de Xavier Frías Conde

bottom of page