top of page

 

(Madrid, 1981) Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid coas especialidades de Literatura Española e Literatura Española do S. XX, e co título de profundización en Lingua e Literatura Galegas. É doutora en Literatura Española, con mención de doutoramento europeo, pola Universidade Complutense de Madrid, coa tese de doutoramento La Poética del Segundo Romanticismo españolNa actualidade é profesora axudante doutor no departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid. Ademais, codirixe, dende 2000, a Revista de Creación Literaria Otras Palabras e é membro do Grupo Bilbao de poesía de expresión galega en Madrid. Publicou os poemarios Alma soñada (2010) e Diosas de barro (2012) e participou en antoloxías de poesía e relato breve como Marés nos pousos de café (2010), Sonrisas del Sáhara (2010), Bilbao. Antoloxía poética en Madrid (2012), El crack de 2009 (2010) e E Madrid foi unha praia de baleas entre néboas (2011).

Begoña Regueiro

bottom of page