top of page

 

Vicente Araguas (Xuvia-Neda, A Coruña, 1950), xornalista, escritor, tradutor, ensaísta e docente, desenvolveu a súa carreira literaria e xornalística a través de múltiples libros e artigos de opinión e crítica literaria (máis de cinco mil, en diferentes diarios nacionales). Recentemente vén de publicar, precisamente, Miudiño. Escolma 2001-2012 (Ed. Embora 2013). Cofundador, xunto a outros escritores como Fermín Bouza ou Xavier Frías, do denominado Grupo Bilbao de escritores galegos en Madrid. A súa poesía –traducida ao catalán, español, italiano e inglés– está recollida nos volumes Billarda (antoloxía bilingüe, 1999, Huerga & Fierro), Maneiras de querer (2006, Espiral Maior), Xuvia revisitada (2008) e Cando fóramos nevar (2013), ademais de en diversos volumes colectivos como Bilbao: Antoloxía de poesía galega en Madrid (2012) ou Hipnotopía en doses pequenas (2013), por citar dúas das últimas colaboracións. Activista cultural e cantautor combativo, publicou Voces Ceibes (1991, Xerais, Col. Crónica), relato da historia do grupo homónimo do que foi cofundador. Como narrador publicou, entre outras, as novelas Agora xa foi (2000, Laiovento), A canción do verán (2001, IrIndo) e o libro de relatos Xuvia-Neda (2010, Xerais; trad. ao español 2013 en Huerga & Fierro por Andrea Araguas).

Vicente Araguas

bottom of page