top of page

O 17 de maio foi a data escollida pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas, no que se conmemora a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (1863). Este ano decidiuse adicar o día das Letras Galegas ao autor, director e actor de teatro Roberto Vidal Bolaño. Un artista escénico global cuxa fecunda obra e traxectoria profesional motiva a celebración dos diferentes coloquios, obradoiros de teatro e proxeccións audiovisuais deste Seminario Interuniversitario. Para alén disto, as Xornadas de Letras Galegas 2013 ofrécennos a posibilidade de coñecer e poñer en valor as diferentes iniciativas, proxectos, agrupacións, espazos, autores e obras que desde dentro e fóra da Galiza velan pola investigación, a formación e a difusión da lingua e literatura galegas.

1 CRÉDITO ECTS (ALUMNOS UCM)

bottom of page